Os amorod(i)os son froitos sensíbeis ao tempo

sabato 28 marzo 2009

CSS tenhen disco novo, e van e trescentos millóns de veces que elis lle dixo a tom que é uma ave no céu, uma ave no chao, é um regato, é uma fonte, é um pedaco de pao pero non nos importa e o pixama non no lo arrinca máis que un durum kebap. coma ti.

sofá, gambas, pasta, maría, jacinta, historias de Ruta e o de sempre con todas as ausencias esperadas e as mesmas ralladuras de sempre. Nada cambia só rotamos posicións, e eu tenho unha desplazada. A estas horas funkeando con jafas jrandes. cousas jrandes, de iso vai a xornada.

pimpinela sabes destrozar cancións

e ugia pedreira fíxome chorar de prazer, se de iso tamén se pode, siniestralidade

A Xunta dispón para min unha bolsa para ir estudar idiomas europeos e países europeos e intercambiar conhecementos europeos con cidadáns europeos, ou como pasar dúas semanas en paris pola cara, ou como convencerte para que te venhas a Italia a darme mimos e descubrir que Venezia é mentira, aínda que Ferio e Valeria se empenhen e demostrar o contrario.

Tenho demasiados libros pendentes, tenho demasiados asuntos pendentes, e boto de menos a tránsito soto. Pásade de min, só vos permito que me queirades.

venerdì 27 marzo 2009

...

despois de tantas horas lectivas, de tantas horas perdidas, gañadas, despois de tanto tempo, aínda nada, aínda son unha calquera, unha variable máis nun conxunto infinito, un gambito eterno co tempo en contra, pero agora ti es parte de todo esta maraña nebulosa.

martedì 24 marzo 2009

es a clase de eu que sempre quixen ser
e non esquezo
mil clases de merdas inclasificables
defininitavente ninguén sabe bailar así
ninguén
e todos eses días de calor lémbranme a un nós
que apenas deu en existir
antes foi amor
e agora só quedas ti
e algunhas letras en euskera que apenas podo entender
e algunhas conciencias estrañas